Revista Mira | Page 27

Saúdovos con dúas palabras moi significativas para nós; ao estilo de S. Francisco de Asís, parte do noso carisma congregacional.

En realidade vivimos sempre en busca daquilo que, desgraciadamente é un ben escaso na nosa sociedade: a PAZ.

Paz no mundo e sobre todo poder encontrala e saboreala na Escola.

O BEN, que cada un dos membros da Comunidade Educativa intentamos personalizar en cada un dos nosos alumnos/as.

Comezamos o curso; como sempre e con renovadas esperanzas e ilusións, intentando con todas a nosa enerxía levar a cabo o noso labor con eficacia e sendo conscientes de que o reto era sumamente importante e difícil.

Sementar nos nosos alumnos/as o desexo e a ilusión de enfrontarse a vivir en contacto cos seus compañeiros e educadores un tempo suficientemente amplo que fixese efectiva a misión do noso Colexio Miraflores: esforzo, traballo, respecto e tantos valores que tiñamos e seguimos compartindo entre todos.

Chegados a esta etapa final do curso e retrocedendo aos nosos anhelos do principio, comprobamos que, efectivamente, houbo luces e sombras, como todo na vida, sobre todo tratándose dun reto tan difícil e complicado como é a educación dos nenos.

Non obstante, creo, sinceramente que as luces predominan sobre as sombras xa que esforzámonos todos para que a semente que comezamos a coidar con mimo e tenrura vai dando un froito incipiente que esperamos vaia crecendo e crecendo.

Intentamos ser o fermento que fermentará a masa para que ao final saia un pan saboroso e tenro que faga dos nosos nenos/as persoas, ante todo, felices para enfrontarse aos retos que se lles vaian presentando durante a súa vida.

Cariñosamente dicímosvos: ATA PRONTO!

Que pasedes un feliz verán e unhas vacacións estupendas.

Como colofón déixovos unha frase significativa de M. Trindade:

"SEN A EUCARISTÍA E A EDUCACIÓN A NOSA CONGREGACIÓN NON TERÍA

RAZÓN DE SER" ( M. Trinidad )

PAZ E BEN¡