Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 7

Curso 2013-2014 Revista Mira Sesión de adestramento de rugby Rugby na escola Membros do equipo de rugby da Universidade de Vigo adestraron aos alumnos de 3º ciclo de primaria, que aproveitaron as ensinanzas impartidas polos monitores deste deporte durante algunhas das sesións de educación física A primeira das sesións tivo unha parte máis teórica, enfocada ao coñecemento da actividade deportiva. A segunda, permitiu que os alumnos fosen capaces de marcar o seu primeiro “try ” ou “ensaio”.