Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 5

Revista Mira Curso 2013-2014 Departamento de orientación “Pequenos investigadores/exploradores Miraflores”. O colexio Miraflores goza do privilexio de ter cinco alumnos con altas capacidades (avaliados polo propio centro e pola Consellería de Educación). Para potenciar estas mentes talentosas coas que contamos, o Departamento de Orientación creou unha aula de alta dotación (MACO: Miraflores Altas Capacidades Ourense), onde este grupo de alumnos traballou, unha sesión a semana, conxuntamente coa orientadora do centro. Queríamos ofrecerlles algo diferente, que lles dera ilusión, apaixonante … que os motivara no traballo: decidimos investigar, traballar, observar,… facer actividades conxuntas. O resultado foi óptimo e ademais resultou moi gratificante o entusiasmo que os alumnos puxeron no cometido, e a satisfacción que nos amosaron as súas familias. Temos que destacar de maneira significativa que somos un dos cinco centros da provincia de Ourense que traballamos deste xeito tan exitoso. BO TRABALLO RAPACES!!!! Seneles non sería posible: Daniel (3º), Sabela (3º), Sara (3º), Iria (4º) e Pablo (5º)