Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 3

Revista Mira Curso 2013-2014 Acción pastoral Agora tócache a ti, atrévete Como cada curso, a Congregación marca un lema e un obxectivo para acadar, unha meta por cumprir para seguir mellorando e crecendo como individuos e como seres humanos. Este ano, seguindo a liña dos anteriores, o lema foi: “Agora tócache a ti, atrévete” co obxectivo “Ide e decídelle a Xoán o que vistes: Os cegos ven, os coxos andan e anúnciase o Evanxeo aos pobres” (Mt. 11, 3-5). A través deles tratamos de darnos conta do que a vida dos amigos de Xesús cambia despois da súa Resurrección (viven en Comunidade, comparten todo...). As actividades realizadas polo equipo de Pastoral xiraron ao redor deste obxectivo: en todas se pretendía descubrir un pouco máis quen é Xesús para nós.