Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 27

Revista Mira Museo e Curso 2013-2014 arte Os pequenos e moziños do centro convertéronse brevemente en artistas e agasalláronnos coas súas reproducións de Kandinsky, Picasso, Van Gogh e doutros autores do pop art. Na exposición, que tamén puido ser admirada polas familias no “Museo”, os autores puideron relatarlle ao público asistente detalles dos movementos e dos artistas orixinais. A actividade enmárcase dentro dun proxecto Interdisciplinar titulado “Visita ao Museo“, traballado dende as áreas de Matemáticas, das Linguas e de Arts & Crafts.