Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 25

Revista Mira Concurso Curso 2013-2014 spelling bee. Novas Unha das novidades deste ano foi a celebración do Concurso SpellingBee, impulsado a través Proxecto Amco, que se levou a cabo durante toda unha xornada e no que participaron todos os alumnos de primaria. Gañadores de 3º ciclo. O obxectivo desta actividade foi traballar a excelencia ortográfica dos alumnos, mediante un exercicio dinámico e educativo, no que se favoreceu a INTELIXENCIA EMOCIONAL, o traballo individual e a sa competencia entre o alumnado. O concurso consiste en deletrear correctamente una serie de palabras en inglés. Cada ciclo recibe un listado de palabras cunha dificultade acorde ao seu nivel educativo que deberán practicar para o día da proba. Gañadores de 2º ciclo Establécense tres grupos en relación aos tres ciclos de Primaria, para que o día do concurso os alumnos compitan en igualdade de condicións con compañeiros do mesmo ciclo. A MOTIVACION dos nenos, a ilusión por gañar e o afán de SUPERACIÓN foron claves para o éxito da actividade. Como recompensa e reforzo positivo, os gañadores do primeiro posto foron premiados cun trofeo e un diploma e os do segundo e terceiro posto cun diploma. Gañadores 1º ciclo.