Curso 2013-2014
Revista Mira
O colexio Externato Paulo VI
visítanos
No mes de abril, tivemos o pracer de abrirlle as
portas das nosas aulas e compartir todo o que sabemos facer cun grupo de mestras do colexio Externato Paulo VI de Braga (Portugal).
Durante a súa estancia puideron comprobar de primeira man como estamos a desenvolver o noso proxecto educativo (PEI) a través dos distintos programas innovadores: Entusiasmat, Ludiletras, Xadrez,
AMCO, Estimulación temperá, traballo cooperativo,
destrezas e rutinas de pensamento…
A experiencia foi moi enriquecedora, non só para as
visitantes senón para todas as persoas que tivemos
a oportunidade de intercambiar o noso saber facer e
acompañalas durante a súa estancia.