Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 10

Curso 2013-2014 Revista Mira Excursións e saídas Cinco anos visita a Granxa Barreiros O pasado día 20 de marzo, os nenos e nenas de 5 anos emprenderon unha viaxe cargados de ilusión cara á Granxa Barreiros, situada preto de Sarria. Os nervios eran moi grandes, xa que para a meirande parte deles ía ser a súa primeira noite fóra da casa. A súa chegada á granxa, apresuráronse a visitar aos animais e ningún quixo descoidar as tarefas propias duns expertos granxeiros. Tamén houbo tempo para o lecer, con obradoiros nos que aprenderon moito sobre a lá de ovella, a elaboración de pan e como chegar a ser especialistas horticultores . Compartiron sorrisos, carreiras, cancións, xogos e algún que outro baile nocturno na súa primeira noite granxeira, na que descubriron o divertido que é convivir no mesmo cuarto ca os seus compañeiros. Á volta o esgotamento era notable pero as gañas de contarlles ás súas familias todo o vivido eran aínda máis grandes.