Unha vez descuberto onde viven as abellas , quixemos saber como era por dentro a colmea , quen vivía dentro e que era o que alí se facía .
Así que fixemos as nosas pescudas e descubrimos 3 tipos de abellas as tarefas de cada unha delas e , incluso , lles axudamos nalgunhas das súas labores .
A abella raíña acompañámola poñendo os ovos dentro das celas ( só un en cada cela !)
E tamén lle botamos unha man as obreiras nunha das súas múltiples tarefas : recolectar polen das flores .
Con todo o aprendido engadimos algunhas lapelas máis ao noso libro .