Tempo despois ocorréusenos que podíamos inventar unha historia de medo na que aparecesen as nosas bocas terroríficas .
Meu dito , meu feito : puxémonos a facelo entre todos e todas . Foi unha cousa algo tola , porque fomos axeitando a historia aos elementos que iamos decidindo e tamén aos que nos saíron lanzando uns dados . Cadaquén construíu o seu dado , que en cada cara tiña unha proposta para as preguntas que formulabamos .
Aquí estamos montando os cubos …