REVISTA FINAL | Page 3

O ALUMNADO DE 4 º DE INFANTIL APRENDEMOS SOBRE AS ABELLAS

Os nenos e nenas de 3 anos estivemos a investigar un pouco sobre as abellas . Coa chegada da primavera , apareceu na nosa clase unha caixa misteriosa . Estivemos a palpar o que había dentro e , como non dábamos co que se atopaba alí , tamén tentamos velo , pero estaba moi escuro ... Para a nosa sorpresa na caixa agochábase unha abella ! Así que puxémonos mans á obra para coñecer algunhas cousas sobre este bicho .