Revista Escolar Petiscos pdf24_unido (1) | Page 69

VOZ NATURA as voces e pegadas do ceip poeta avelino díaz

PRESENTACIÓN

O proxecto de Voz Natura que se traballou este curso : “ AS VOCES E PEGADAS DO CEIP POETA AVELINO DÍAZ ” tivo como eixe principal a investigación , actuación e difusión dos aspectos que xa foron analizados nos cursos anteriores .

OBXECTIVOS

Os obxectivos principais do proxecto centráronse en : - Investigar sobre o estado da reciclaxe ao noso arredor e posta en marcha dalgunha acción concreta . - Coidar dos espazos interiores do centro baixo principios de sustentabilidade : gasto de luz e presencia e coidado de elementos naturais para harmonizar e naturalizar os espazos … - Celebrar as festividades e conmemoracións da nosa sociedade e datas sinaladas relacionadas co paso de tempo ( estacións , lúas ...) dende unha perspectiva respectuosa co medio ambiente . - Coidar dos espazos exteriores do centro baixo principios de respecto ao entorno e á natureza e seguir o camiño iniciado no eido dos patios habitables naturais ( iniciando a introdución dalgún xogo de mesa ) - Coidar e aprender nas e das hortas .
OUTRAS ACTIVIDADES
Curso 2022-2023
Parte das actividades programadas no proxecto levaronse a cabo nas instalación do propio centro , tanto nos espazos interiores como nos exteriores , entre os que cabe citar o horto escolar . Outras , traspasaron as barreiras do centro e situáronse na contorna máis inmediata ao mesmo . Participaron deste proxecto todo o persoal docente e non docente do centro ; buscando tamén a implicación doutros sectores da comunidade educativa ; así como asociacións , comercios , concello …
DURANTE TODO O CURSO ESCOLAR
- Recollida selectiva de papel , cartón , tapóns de plástico ( que se entregan ao Banco de Tapóns de Lugo ) e pilas ( aínda que se recollen todo o ano , durante 6 semanas participamos no concurso Pilabot ) https :// pilabot . gal / es / - Recollida de restos orgánicos en cada aula ( os xerados á hora do recreo ) para depositalos no composteiro . Posteriormente empréganse para as parcelas do horto escolar . - Traballo no horto escolar . - Realización de murais , carteis … con materiais sostibles e / ou de refugallo . - Propostas para naturalizar o interior do noso centro : plantas , flores … - Mochilas viaxeiras con libros relacionados coa reciclaxe e coidado do medio . - Investigacións sobre a orixe das nosas festividades para comprendelas mellor e realización de infografías - Talleres e obradoiros artísticos para celebrar esas festas e datas reutilizando elementos cotiáns . - Iniciación á apicultura . - Iniciación , no segundo trimestre , na recollida de aceite usado de cociña . - Campaña de recollida de vidro ( durante o 3 º trimestre )
Este curso ( vencellado con todo o proposto en Voz Natura ) tamén participamos no concurso Generación Eco organizado pola asociación Ecovidrio , que consistiu en ir superando retos sostibles cada mes , os cales se convirtiron en puntos que ao final do curso se traduciron en premios . https :// generacioneco . es / es /