O alumnado de 4 º, 5 º e 6 º disfruta da visita .
ANTÍA YÁÑEZ VISITA O CENTRO
NOTICIAS DO COLE
ENTREVISTAS 14 / 04 / 2023 Vol 8 Issue 22
O alumnado de 4 º, 5 º e 6 º disfruta da visita .
" Encantounos !" " Impresionante " " Contestou a todas as nosas preguntas !"
ANTÍA YÁÑEZ VISITA O CENTRO
Noticia polo alumnado de 5 º
Ao longo do 2 º trimestre 4 º, 5 º e 6 º de primaria gozamos coa lectura de " Plan de rescate ", un libro de Antía Yáñez sobre o secuestro nun centro educativo . Durante as horas de lectura , as nosas aulas enchéronse de misterio , tensión , acción e incluso risos incontrolables .
Grazas ao programa " Lectura e familias " tivemos a oportunidade de entrevistar á súa autora durante un bo anaco .
Moitos de nós decidimos mercar os libros para poder conseguir unha dedicatoria na súa visita .
Deunos a oportunidade de preguntarlle dende os seus libros favoritos , ata incluso parte da súa vida persoal , confirmounos o seu embarazo !. A cambio ela levou todo o noso respecto e agarimo e un libro de Avelino Díaz cun marcapáxinas personalizado .
Tamén descubrimos que temos un entrevistador profesional na aula de 5 º. Manteremos a súa identidade en segredo .
Agardamos que ela disfrutara da visita tanto como o fixemos nós .