ENTREVISTA A ...
MANDI ,
Maio , 2023
IMPRESCINDIBLE NO NOSO DÍA A DÍA Beti de 3 º entrevista á nosa conserxe .
Mandi , onde están as chaves de informática ? Mandi , necesitamos papel . Mandi , o baño de primeiro está atascado . Mandi , axúdasme con estas fotocopias ? Mandi , que hai para comer ? Mandi , de paso que vas a correos tráesme ...? Mandi , Mandi , Mandi ...!
Pois empecei no ano 2009 , entón levo 14 anos .
O primeiro que fago pola mañán cando chego é abrir as portas para que o alumnado e profesorado poida entrar a traballar ; e reviso as instalacións para que todo estea en orde . Tamén atendo ás necesidades do centro en canto a proporcionar o material necesario do día a día , atender o timbre e o teléfono , ir a correos , as entradas e saídas do centro , pequenos arranxos ... e ao finalizar a xornada , asegurarme de que todo queda apagado e pechado .
O que máis me motiva é estar rodeada de nenos e nenas porque desprenden moita alegría e vitalidade ; " danme vida ".
Realmente non hai nada do meu traballo que me desagrade tanto como para dicir que non me gusta facelo .
O xénero que máis me gusta ler é a novela . Para lectores infantís recoméndovos " INVISIBLE " de Eloy Moreno . E para adultos , " TODO ESTO TE DARÉ " de Dolores Redondo .
Grazas a ti Beti por escollerme para a túa entrevista , fíxome moita ilusión .