Revista Deportivistas Revista 2º Aniversario Deportivistas.es | Page 36

O home non era outro que o presidente do Real Clube Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez e ao seu carón estaba o que era o adestrador, un "tal" Juan Carlos Valerón.

Abraiado pregunteille disimuladamente a un aficionado, que pasaba e que era todo aquelo?... Hoxe cúmplense 7 anos dun intre que foi clave na historia do clube deportivista. O destape dos fraudes no fútbol español polas apostas dera con moitos dirixentes no cárcere, equipos liquidados e o crecemento dos que viñan detrás, os que sempre foran inxustamente tratados no reparto de cartos, que se levaban os de sempre. Isto solventara os problemas económicos do Dépor e de moitos outros.

Ávido de máis información preguntei que equipos había na Primeira e cal fora a miña ledicia cando vin que antre os teóricamente modestos do 2013 estaban o CD Lugo, Ourense e Pontevedra.

Cando me dispoñía a preguntarlle..."E como quedaron as eleccións a presidencia do 2014?...comecei a desbaecerme e espertei sendo atendido por un médico sobre a máquina na casa-museo de H.G. Wells, namentras que a miña dona decíalle que me tiveran que sentar na máquina ao desvaecerme.

Foi certo?, foi mentira?, o que foi... o tempo diránolo...

Bon Nadal!!!

Conto de Nadal "A máquina do tempo"

Corría o Nadal do 2013, un ano considerado por moitos como a temer pola terminación en 13, pero nada máis lonxe do fatalismo. O Dépor a pesares de descender, fixera unha campaña na que unha vez máis atrouxera ao deportivismo ao seu carón. Espantada de xogadores, pero ao final co sistema e a teoría "Fernando Vázquez" a ilusión estaba intacta. Salvarase no primeiro "match" o equipo da liquidación. Ben era certo que a débeda estaba aí merodeando coma unha cuchilla medieval baixando ata o condeado ou o individuo a facer falar.

Cousas da paradoxa o ano do 13 que para min por motivos persoais non era nada que ter en conta como de mala sorte, tocábame a lotaría e sendo amante da novela histórica e de época aproveitei xunto ca familia para dar unha visita o Londres histórico. Como non amante da novela "A máquina do tempo" de Herbert George Wells, baseada na teoría do eternalismo, visitei a súa casa museo e alí estaba, tal como a imaxinaba. A "máquina do tempo", vetusta, simple, pero intrigante e emocionante a vez. Tras darlle moitas voltas e sacar moitas fotos, aproveitando que non había ninguén, coma un rapaz travieso, saltei o cordón, por facerlle un chiste aos rapaces, senteime na máquina, elixín 2.020 e La Coronne. Ante a miña perplexidade comecei a sentir náuseas e a ver cousas irreais, ata quedar todo parado e aparecer eu só nunha habitación sentado na máquina. Que pasara?, levanteime chamando pola familia pero naide contestaba. Asomeime a fiestra e a miña sorpresa foi cando vin que a condeada máquina tíñame levado as inmediacións do Estadio de Riazor.

Baixe apresuradamente as escaleiras ata a rúa, e vin un gran grupo de xente, moitos con camisetas do Dépor. Algunha das que eu coñecía e outras que nunca vira. Era verdade estaba no 2020 como eu puxera en broma na máquina, e cal foi a miña sorpresa cando me percatei que un home pequeno de pelo branco e gafas estilo Harry Potter dispoñíase a destapar un monumento. Que pasaba?...

CADERNO DE

BITACORA

Xosé Búa "Pirata"

#2AniversarioDeportivistas