Revista Deportivistas Revista 1º Aniversario Deportivistas.es | Page 28

#AniversarioDeportivistas

Fai un ano estábamos todos preocupados e abraiados pola desaparición de eldepor.com.Unha web levada polo noso amigo Tomás Magaña que comezou coma unha disas cousas que fan as empresas grandes da comunicación para informar pero igual que outras, leven o nome que leven, non lles importan só lles importan os dous de sempre, (e non me refiro a obra mestra de Castelao).Pouco a pouco foise facendo "human", foi xuntando unha amalgama de colaboradores espontáneos que informaban, debatían, buscaban solucións...a todo o referente ao Depor.Chegou a convertirse na maior aglomeración de deportivistas na rede.Unha comunidade que era unha gran familia.Trocou de donos e todo sigueu igual ata que un día aos "mandamases", como as outras web de outros equipos que tiñan non furrulaban, decidiron dun plumazo e sen importarlle os miles de siareiros que tiñan, desfacer o que estaba ben feito.O que daba froitos.E desapareceu.

Dédalo na mitoloxía grega estaba recluido nunha torre da illa de Minos.Pouco a pouco foi xuntando plumas e pegándoas con cera e facendo unhas ás para él e para o seu fillo Ícaro.Cando as tivo preparadas ensinoulle ao seu fillo como tiña que usalas e avisoulle que nen voase moi baixo por mor do mar, para que non se lle mollasen, e para que non o viran os barcos que defendían a illa do seu captor o Rei de Creta, pero que tampouco voase moi alto, pois a calor do sol derretiría a cera ca que fixera as ás e desprenderíanse as plumas facendo que caese ao mar.Ícaro fascinado polo vó ascendeu aos ceos e o sol non deixou que seguise, como lle dixera o seu pai acabou caendo ao mar morrendo afogado, pola contra Dédalo sigueu e chegou a illa de Sicilia a salvo.

Eldepor.com, voou moi alto pero o "sol" non o deixou seguir e fixo que acabase mal.Sen embargo os usuarios que se daban cita cada día e axudaban a facer ista comunidade seguiron e conseguiron chegar a salvo e formaron non unha senón varias illas nas que poñerse a salvo.

Coma se do "ave Fénix" se tratase, tras arder renaceu das cinzas cunha nova proposta www.deportivistas.es, unha web que viña a ocupar o sitio deixado polo "Ícaro", un refundado centro de xuntanza e de comunicación do deportivismo.Como o "ave Fénix", renacendo das cinzas da web matríz un grupo de deportivistas tomaron a decisión de salvar o que estaba ben feito e o que era un tremendo lugar de debate.

Pasou un ano dende aquela e deportivistas.es segue a sumar adeptos ca mesma filosofía, cada un poñe o seu graiño de area, cada quen, e cada cal, pon a sua visión, a sua perspectiva sobre todo o que envolve ao Deportivo e aos aficionados.Unha referenza de cara a información fiable e sen pelos na língua de todo o que nos interesa aos que sangramos en "branquiazul"....

...A "reencarnación" é un feito, existe e chámase deportivistas.es. e cumpre un ano...Felicidades e Forza Depor-Sempre!!!

Xosé Búa "Pirata"

CADERNO DE BITÁCORA: "REENCARNACIÓN"

Ver tradución a castelá