Revista Deportivistas DE PRIMERA | Page 78

Cuarenta soldos millonarios, que naquel presente deron de sí iste presente, que agora toca endereitar e parchear, para que nun futuro esteñamos a falar de laureis, e lembremos iste presente como aquel pasado, no que naide daba un peso por nós, e do que coa cara por diante e poñendolle a proa a tódolos temporais que nos foron saindo por diante, chegamos a bo porto.

Iste equipo, ista afeción, o que nunha palabra é o Dépor, nunca lle deu a espalda as adversidades e de aí diste éxito sen precedentes, contra todo tipo de trabas, tanto institucionais, como económicas e deportivas. Afrontouse todo con un só sentimento, e agora co presente sen demora, cabe esperar a un futuro ao nivel do que se merece ista afeción i este equipo.

Xosé Búa 'Pirata' de Muxía

Escribindo un presente

CADERNO DE BITACORA

Acabou a liga e acadouse un ascenso que en Agosto do pasado ano era impensable, vendo todo o que se aveciñaba. Agora xa ascendidos e coas augas tranquilas, o Depor está a escribir o seu presente, que pronto será pasado, para convertirse nun futuro, do que falaremos como presente. .

Naide esquece todo o que leva feito iste clube nos derradeiros anos. Iso todo no seu día, ainda que hoxe sexa un pasado, que sexan lembranzas, e foron un presente no seu día, e deron de sí o futuro que temos agora, pero tamén o que chegou no futuro tras aquel brilante pasado. Un pasado do que estamos a pagar os desfases, aquelas plantillas ata con máis de 40 xogadores.

1302

4357

80

45

506

1927

587

#RevistaDeportivistas