Revista Calasancio 2013-2014 | Page 29

Visitas culturales y excursiones CAMPO LAMEIRO 3º ESO É certo que os nosos compañeiros/as de 4º da ESO nos falaran moi ben desta saída. Disque a “xincana” organizada polo profesor de Educación física era unha actividade diferente e divertida. Pero o caso é que nós, xa estábamos medio aburridos da excursión, antes de facela. Que si un traballo para galego, outro para matemáticas, outro para música e aínda outro máis para xeografía. Podes imaxinalo? A ilusión dunha saída diver tida diluíase pouco a pouco a pesares de que as actividades que se nos plantexaban estaban moi ben. Por fin chegou o día de visitar o Centro Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e como non podía ser doutro xeito, a choiva ameazaba con ser a nosa compañeira. Así que non nos quedou máis remedio que equiparnos con chuvasqueiros, dobre par de zapatillas (por se nos mollabamos), gorras e demáis (por se ao final saía o sol) e como non, cos manxares que levábamos preparados para o xantar. Ao chegar alí, dividímonos en dous grupos. Mentres uns facían a carreira de orientación e buscaban pistas que lles permitisen chegar á meta coa axuda do compás, outros, visitamos o Centro (onde descubrimos curiosidades sobre a arte rupestre) e fixemos un taller de lume. Que complicado prender lume con dúas pedras ou dous paos! Pero ao final, algúns dos nosos compañeiros, lógrarono. Sodes xa uns verdadeiros supervivintes! A media mañá tocounos cambiar, e os que fixeran a carreira pasaron agora á visita do Centro e ao taller de lume mentras que, os outros, se prepararon para pelexarse coa choiva, o compás e as pistas. Despois dunha mañá moi activa, chegou a hora do xantar. Tivemos que facelo na cafetaría porque a chuvia non nos daba tregua e era imposible facelo na natureza. Por este mesmo motivo, non puidemos facer os xogos que tiñamos planexados para despois de comer. A pesares de que o tempo non nos acompañou desfrutamos moito da saída e vimos a utilidade de todo aquelo que aprenderamos na clase. Preparadevos os que vos toca o curso que vén!