Revista A Gamela. | Page 40

Empecemos polos agradecementos a todas aquelas persoas que estiveron ao noso carón nestes anos : as nosas familias por estar sempre axudando nos bos e nos malos momentos e levantarnostodas as mañas ; aos nosos compañeiros por todos os momentos felices que regalaron e por último aos profesores por non renderse ao ensinarnos .
Lembramos moitas anécdotas , por exemplo : na clase de inglés dixemos patinetar en vez de patinar e xa quedou no noso dicionario particular ; cando non sabiamos a resposta a unha pregunta diciamos pementos de padrón que uns pican e outros non ; un día quenos deixaron xogar co ordenador , uns compañeiros xogaron a un xogo de terror e unha compañeira empezou a berrar do susto !. Ao final castigáronnos a todos . E por suposto non podía faltar o momento cotilleo !... Contounos un paxariño que Guillermo na súa época era o terror das nenas .
Teriamos 100.000 historias que contar , pero non podemos contar todas .
Todo este tempo no noso cole tivo momentos difíciles , pero ninguén dixo que a vida fose fácil e non queremos que o sexa porque senón non poderíamos demostrar o que valemos .
Aprendimos moitas cousas e todo isto con esforzo e ganas de aprender por que se queres podes ! Isto non é un adeus , isto é un ata logo .
Grazas .