Revista A Gamela. | Page 35

“ Busco o modo de te acompañar ”.

O alumnado de 6 º de Primarias rematou o curso cantando a “ Xela Arias ”. Na clase de música prepararon a melodía cos instrumentos da aula e incluso unha compañeira animouse a tocar o violoncello !
Foi moi interesante experimentar como é o proceso de gravación e edición de audio .
A letra da canción , composta por Susa Herrera , está feita con fragmentos de poemas de
Xela Arias . Busco o modo de te acompañar sen estorbo , sen estorbo Para que esteas ao meu carón feliz e creador de soños novos . Eu tiña antes dúas mans para apaña-lo mundo Hoxe son a deusa hindú que baila con mil brazos .
Busco o modo … Percorramos todo o mar , os brazos afundidos Ritmos xenerosos provocando os latexos .
Busco o modo … Tobogáns de verde neve , nenos patinando Os cabalos praza abaixo , bicos agardando .
Busco o modo … Vexo fíos das arañas , os longos suspiros Follas secas do outono no meu percorrido .
Pronto poderedes ver a montaxe de vídeo na páxina web do centro !