Revista A Gamela. | Page 23

Atrás deixamos este curso coa esperanza que no vindeiro poidamos volver á ansiada normalidade .
Foi un curso atípico , no que as dinámicas habituais da biblioteca se viron moi afectadas . Houbo que poñer moito celo en evitar posibles contaxios do tan nomeado Covid e iso influíu en moitos factores esenciais como os horarios de atención e de asistencia de cada grupo á BE . Tampouco tivemos préstamos nos recreos e as actividades relacionadas coa lectura xurdiron máis ben nas aulas .
Pero non todo foi negativo , ollade :
Seguiron a chegar novidades editoriais que expuxemos dentro da BE .
Eses libriños para pais e nais que están no corredor de dirección para que non se aburran esperando .
Contos de produción propia feitos e interpretados por eles / as .
Contos música e baile para traballar nas clases de música .
E tamén contos brillantemente ilustrados pol @ s nos @ s peques .
Presentamos os nosos libros favoritos no día do libro .
Non podía faltar o traballo sobre a nosa protagonista das Letras Galegas no Blog , no Facebook , nas aulas e ... nos recreos musicais .
E os escornabots que ? Busca e corrección de información . Mira que son listos !
Libros máis lidos .
Buli na portada desta revista .
Recomendacións para este verán ...
moradabuli @ gmail . com https :// moradabuli . blogspot . com
O blog e o Facebook de Buli .