Revista A Gamela. | Page 13

BECHOS DO MÁIS VARIADO ...

Sobre os que aprendemos moitas cousas .
E decidimos poñer un pouquiño da nosa parte para mellorar un dos espazos do cole , onde hai plantas , flores e insectos que necesitamos coidar . Na horta hai moita vida , e ás abellas e outros insectos necesitan da nosa axuda .
Investigamos sobre como podemos axudalos , materiais necesarios , que era o máis adecuado e puxémonos mans á obra .
Queda inaugurado o noso pequeno HOTEL DE BECHOS , cunha suite principal para as abellas solitarias e os abellóns aos que tanto lles gustan as flores do ceboliño , e unha pequena estancia , non menos importante , para outros pequenos bechiños que axudan a manter á raia as pragas . Aínda estamos en obras , pero deixamos o noso pequeno gran de area para coidar destes grandes polinizadores .