Polvo á feira
Poñer o polbo, ben limpo, no conxelador e deixar polo menos 24 horas. Sacar o polbo do conxelador e deixalo a temperatura ambiente ata que estea totalmente desconxeado.
Poñer unha pota ao lume, con abundante auga. O típico é usar un caldeiro de cobre, pero se non se ten pódese usar unha pota de aceiro inoxidable. Cando a auga empece a ferver meter o polbo e deixalo na auga fervendo durante 1 minuto, sacalo, mantelo fose 1 minuto e volver empezar, 1 minuto fervendo e 1 minuto fóra. Repetir esta operación 3 ó 4 veces, á última deixalo na auga e que ferva a lume medio/alto durante uns 45 minutos. Se o polbo fose de 4 kg. deixariámolo 1 hora.
Picalo de cando en vez para comprobar cando está tenro. Sacar o polbo da auga, escurrirlo e cortalo, as patas en rodajas e o corpo en anacos non moi grandes, coa axuda dunhas tesoiras.
O típico é dispoñer as rodajas de polbo en pratos individuais de madeira pero se non teñen, preparar unha fonte e colocar no fondo as patacas e sobre elas os anacos de polbo formando unha capa.
Botar por encima o aceite de oliva, un bo puñado de sal groso e espolvorear o pemento.
14