Publicaciones didácticas de la Biblioteca del IES de Sabón Haikus contra a violencia de xénero | Page 7

O día 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional para a Elimina- ción da Violencia de Xénero. Son xa moitos os anos nos que dende as insti- tucións públicas se conmemora ese día; así, cada 25 de novembro sucédense os actos, as xornadas e as campañas, todo isto co fin de rexeitar publicamente unha lacra execrable que nos avergoña como sociedade; son xa moitos os anos, pero, lamentablemente, a violencia machista segue presente nas nosas vidas e no noso contorno; ás veces son, en aparencia, pequenas cousas, as chamadas microviolencias que máis tarde ou máis cedo poden estoupar en episodios graves de violencia. Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar este problema, a Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha cada ano accións encamiñadas a facer reflexionar os mozos e as mozas sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, pois a xente nova ten tamén unha responsabilidade importante na contribución dun futuro mellor para todas e todos. Por iso, dende a Xunta de Galicia amosamos gra satisfacción en poder apoiar un traballo como este: O libro do mal amor, impulsado dende o IES Laxeiro de Lalín, por profesorado enormemente implicado na prevención e loita con- tra a violencia machista. Finalmente, non podemos deixar de mencionar e admirar a participación des- interesada e xenerosa de escritores e escritoras, ilustradores e ilustradoras, quen cos seus haikus e ilustracións contribúen de xeito persoal a esta publi- cación e, por suposto, as alumnas e os alumnos do IES Laxeiro de Lalín, que consideraron importante contribuír coa súa participación a unha loita xusta a prol dos dereitos humanos, dos dereitos das mulleres a vivir sen violencia, unha loita a prol da xustiza social e da igualdade de mulleres e homes, a unha loita, en definitiva, contra o Mal Amor. A todas e a todos, moitas grazas. S usana L ópez A bella Secretaria xeral da Igualdade 5