Presentado el Informe Anual 2016 sobre racismo en el estado español | Page 12

Presentación
Desde 1995, a Federación de Asociacións de SOS Racismo do estado español vén analizando a situación do racismo e a xenofobia en España e en Europa mostrando as diferentes tipoloxías e espazos onde se manifesta: políticas de estranxeiría e asilo, ascenso da ultradereita, discriminación no traballo, acceso á vivenda, á educación, abusos de corpos policiais ou agresións racistas. Estas e outras cuestións analízanse na vigesimoprimera edición do Informe Anual.
Se houbese que resumir nun apalabra o ocorrido o ano 2015, esta sen dúbida é « refuxio ». Aínda que puidese parecer que todo está dito en relación á desastrosa xestión das persoas refuxiadas por parte da Unión Europea, neste Informe ofrecemos unha reflexión nova deste tema desde a análise das portadas de dous medios de comunicación. Así mesmo, esta crise humanitaria ten un tratamento especifico en temas que son habituais neste Informe tales como menores non acompañados, extrema dereita ou mulleres.
A pesar do inevitable protagonismo que ten o tema de refuxio, este Informe centra a súa atención na discriminación a través dos casos que chegan ás nosas Oficinas de Información e Denuncia OID e a análise de estatísticas oficiais e sentenzas.
O que podemos indicar a este respecto é que a discriminación nas súas múltiples manifestacións segue sendo un fenómeno escondido que necesita saír á luz a través da denuncia e accións de sensibilización desde as institucións. O Ministerio do Interior parece instalarse nun estado de autocompracencia coa publicación dos informes anuais sobre delitos de odio. A información, cada vez máis completa de atestados policiais instruídos sobre delitos de odio non debería levarnos a pensar que o estado español atópase á cabeza da Unión Europea en tratamento estatístico da discriminación. Neste Informe Anual analizamos detidamente estes datos e contrastámolos cos casos das nosas OID reflexionando sobre a necesidade de facer un seguimento aos atestados policiais para coñecer o resultado xudicial, ampliando o concepto de discriminación mais alá do delito de odio e tentando ofrecer unha interpretación máis aberta á súa vez deste tipo delito.
Á hora de pechar estas liñas, en Europa e noutras partes do mundo observamos con inquietude e rabia a consecuencias de atentados terroristas levados a cabo por grupos yihadisats radicais. É sabido que a islamofobia é unha das primieras consecuencias deste terrorismo yihadista. Pero tamén se observa unha tendencia a puntada o pasado ano 2015 e que se fai máis patente este ano en vincular a estes grupos co colectivo de persoas refuxiadas. Este será probablemente o tema que debamos abordar para o Informe do próximo ano. Agora
11