POMPAS AZUIS revista dixital escolar REVISTA POMPAS AZUIS FINAL | Page 8
COME SAN E VIVE MÁIS E
MELLOR
Formarse unha autoimaxen axustada e positiva,
identificando gradualmente as propias
características, posibilidades e limitacións a
través da interacción coas outras persoas,
desenvolvendo sentimentos de autoestima e
alcanzando maior autonomía.
Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a
propia acción para realizar tarefas sinxelas ou
resolver problemas da vida cotiá, aceptando as
pequenas frustracións e manifestando unha
actitude tendente a superar as dificultades que se
presentan, reforzando o sentimento de
autoconfianza e sendo capaces de solicitar axuda.
Progresar na adquisición de hábitos e actitudes
relacionados coa seguridade, a hixiene, a
alimentación e o fortalecemiento da saúde,
apreciando e gozando das situacións
cotiás de equilibrio e benestar emocional.