POEMAS CON LUZ | Page 6

ALBORADA Vaite noite vai fuxindo. Vente aurora vente abrindo co teu rostro que sorrindo a sombra espanta!!! ¡ Canta , paxariño canta, de poliña en pola que o sol se levanta polo monte verde polo verde monte alegrando as herbas alegrando as fontes!.... Noite escura logo ven, e moito dura co seu manto de tristura con meigallos e temores, agoreira de dolores, agarimo de pesares, cubridora en todo mal, Sal!...