Cando a luniña aparece
Y o sol nos mares se esconde,
Todo é silencio nos campos,
Todo na ribeira dorme.--¡Que triste! que hora tan triste!
Aquela en que ó sol se esconde,
En que as estreliñas pálidas
Timidamente relocen.
Aló as montañas confusas
De espesas nebras se cobren
Y a casa branca en que el vive
En sombra espesa se envolve