O estoupido (2019) | Page 94

MERCADIÑO NA AULA

Para traballar coa ordenación numérica, o cálculo, as equivalencias, a resolución de problemas, a competencia comunicativa e o sentido emprendedor, levamos a cabo un mercadiño na aula con diferentes postos de diversos produtos (libros, xoguetes, roupa...) aos que os discentes lles poñían prezo.

Neste mercado, unha parte do alumnado encargouse de atender as diferentes tendas mentres outros/as acudían a mercar os produtos que ofrecían; se algún se quedaba sen cambio monetario, acudía ao banco de diñeiro, onde dous rapaces/as lles cambiaban os cartos.