O Equipo de Biblioteca, coa colaboración co resto de Claustro de profesores, presentámosvos algunhas das acción que levamos a cabo ao longo deste curso 2018/19. Ao entrar o curso pasado no PLAN LIA.2 estivemos inmersos nunha transformación da biblio cara a un laboratorio creativo de aprendizaxes.
Tivemos que facer expurgo, cambiar mobiliario e sinalar de novo os fondos, polo que a principio de curso a biblioteca estivo pechada para poder levar a cabo todos estes cambios. O resultado, polas impresións que nos fixeron chegar todos os membros da comunidade educativa foi moi positivo e de moito agrado. o número de persoas colaboradoras superou por moito as nosas previsións e agradecemos enormemente o seu traballo.
O PDI "Que non che dea preguiza: reduce, recila e reutiliza!" xirou arredor de Os 3 R, e fixemos moito traballo de investigación e concienciación. Finalmente, non nos podemos esquecer das actividades fixas como as caixas da Hora de Ler, as mochilas viaxeiras, as conmemoracións (Día de Rosalía, Día das bibliotecas, Día da Paz,...), os obradoiros de lectura ou as recomendacións lectoras que cada ano manteñen vivos os libros e a lectura.
GRAVACIÓN CROMA DO
DÍA DE ROSALÍA
COLABORADORES DA BIBLIOTECA