A CLASE DA PROFE SONIA:
O RECANTO DOS EXPERIMENTOS
Durante este curso apareceu na nosa clase un novo recanto: O recanto dos experimentos. Trátase dunha mesa con 3 cubetas e na que, cada dúas ou tres semanas, cambiamos de experiencia; así aseguramos que todos os compañeiros e compañeiras poidan pasar por ela.
O obxectivo deste recanto é a estimulación sensorial. Os nenos e nenas aprenden a través dos seus sentidos. O xogo sensorial apórtalles experiencias de xogo e aprendizaxe moi enriquecedoras. Reciben moitísima información a través del. Ademais a manipulación de distintos obxectos e materiais contribúe a mellorar as súas destrezas, motricidade fina e grosa…
Con cada nova proposta pretendemos que os nenos e nenas manipulen os distintos materiais de forma libre. Ata o momento todas as propostas foron libres. A primeira delas foi con auga e boliñas de hidroxel. Xa vos podedes imaxinar o éxito que tivo… A que neno/a non lle gusta xogar ca auga?