E VEÑA ENTROIDO!!!
Así coma quen non quere a cousa vímonos de cheo preparando as nosas galas para o entroido. Este ano o fío condutor foi o entroido de Verín e as súas personaxes, entre elas o Cigarrón e os Capuchóns. Como agradecemento ao alumnado de Verín que nos veu visitar, cada un dos grupos do cole fixo unha máscara do Cigarrón.