As nosas institucións:
Visita ao Parlamento e Xunta de Galicia
Nesta ocasión fixemos unha visita didáctica, primeiro ao Parlamento e despois a Xunta de Galicia. Xa víramos en Ciencias Sociais como funcionan as nosas institucións, pero facer un percorrido por elas axudounos a coñecer mellor como é o día a día nas mesmas e cales son as funcións que desempeñan os funcionarios públicos que alí traballan.