Traballamos a discriminación auditiva de palabras con pares de fonemas semellantes como o /s/ e o /z/ e completamos frases na escrita para afianzar estas aprendizaxes. Se o facemos rápido e ben, ao final da sesión temos uns minutos para xogar o noso xogo favorito.
Aarón sábeo ben! :)
Para identificar facilmente os pares de fonemas semellantes, asociámolos con onomatopeas a través de debuxos. Por exemplo, o fonema /s/ ao son da serpe, o fonema /z/ a unha abella... Así é moito máis sinxelo. Aquí vemos a Aldara traballando o punto e modo de articulación así como a discriminación auditiva de varios deles. Dáselle de marabilla!