Novidades no 2º trimestre Boletín novidades 2º trimestre | Page 9

OFICINA DE OBJETOS PERDIDOS Cada día o señor can pasea recollendo os obxectos que atopa e levándoos á súa Oficina de obxectos perdidos. Cando cada animal vai a buscar o que perdeu, atopare- mos sorpresas porque non era o que pensabamos. Literatura. Primeiros lectores DOÑA EREMITA EN BICICLETA Doña Eremita pasea en bicicleta co seu can Mambrú. A cada imprevisto que se lle presenta, Coña Eremita coloca un invento na bicicleta. SALVAJE Cóntanos a historia dunha rapaza que vive feliz na na- tureza, onde os osos ensináronlle a comer, os paxaros a falar e aos raposos a xogar. É audaz, valente e incri- blemente libre. Pero un día un novo animal entra en escena, un animal estrañamente parecido a ela? AMANÍ Se cadra ver os nosos compañeiros como rivais e sentir- mos na obriga de demostrar todo o tempo que somos os mellores non sexa o mellor xeito de tentar ser felices. Amani, un hipopótamo cachazudo, busca nas beiras do río Pantikora o mellor modo de ser feliz sen amolar aos demais. CAER DE CU POLO UNIVERSO Cantas veces nos din que algo está «no cu do mundo»! Pero, sabemos onde queda o cu do mundo? E alguén lle viu o cu ao mundo?