PERRO APESTOSO
Perro Apestoso vive nun contedor de lixo e de tanto es-
coitar aos demais falar dos donos, decide lanzarse á bus-
ca dun dono polo mundo adiante. Coñecerá unha nena
marabilloso e descubrirá o significado da palabra amiza-
de.
MI LOCA FAMILIA
Un pai artista que lle chama Mona Lisa á súa muller
porque é moi guapa. Enfádase con facilidade. Don-
tie é o fillo máis vello, abreviatura de Donatello Stani-
ka é en realidade dúas persoas. Mattie, a protagonis-
ta vainos contar a historia da súa familia, un pouco
tola, pero moi divertida.
Literatura Lectores expertos
MARTA E A PÍNTEGA
Marta é unha nena á que lle pasan cousas incribles. Co-
mo, por exemplo, saltar ao mundo dos contos. Alí agar-
dan por ela personaxes que coñecemos de sempre e
que a necesitan para solucionar un problema ben gor-
do.
ZLATEH, LA CABRA Y OTROS CUENTOS
Para Reuven, o curtidor, aquel foi un mal ano e, ao cabo de
moitas vacilacións, decidiuse a vender a Zlateh, a cabra. Era
vella e daba xa pouco leite, e Feyvel, o carniceiro, ofrecéra-
lle oito floríns por ela. Con ese diñeiro, poderíanse comprar
candeas de Xanucá, patacas e aceite, agasallos para os
nenos e outras cousas necesarias para a casa...