Novidades de biblioteca inclusiva Boletín novidades 1º trimestre | Page 3

Juan tiene autismo O libro conta a historia dun neno con autismo e unha historia de inclusión grazas ao apoio da súa familia e dos amigos e amigas. Tono Outro libro sobre o autismo, pero nesta ocasión dous irmáns,. Un contempla o mundo desde a súa soedade e o outro, pola contra, intenta entendelo. Planeta Willy Willy chegou dun planeta estraño e debe adaptarse á vida na Terra, deberá habituarse a comer, a falar para comunicarse e moitas outras cousas que non precisaba facer no seu planeta, Rula busca su lugar Aínda que a familia dille que o seu lugar está na casa facendo a cama, coidando dos seus irmáns... As cousas cambian cando os libros se cruzan na súa vida. Si yo fuera grande y fuerte… Nicolás sofre contratempos ao longo do día. Gustaríalle ser máis grande e máis forte para superalos. Como fará para ven- cer esas situación adversas? Até as princesas soltan peidos Que fai un animal cando o seu amo ten que ingresar nun hospital? Pois moi sinxelo, tratar de enviarlle unha mensaxe salvando todas as desconfianzas dos mensaxeiros. Yo seré tres mil millones de niños Os dereitos dos nenos recoñecidos pola ONU é o tema deste libro.