Novidades de biblioteca inclusiva Boletín novidades 1º trimestre | Page 2

BIBLIOTECA INCLUSIVA A bibloteca inclusiva é unha iniciativa desenvolvida pola Reibonteca co apoio da Consellería de educación, destinada a dotar de libros que favorezan a igualdade e a integración das diferenzas sexuais, de xénero, de capacidades, etc. Tengo derecho a... É unha colección que recolle os dereitos da infancia, establecidos pola ONU e realizados pola organización Save The Children. Tratados desde un punto de vista moi sinxelo, polo que resulta unha lectura moi doada para os máis pequenos. Contén testemuñas dos obstáculos que deben salvar para expresarse, ter unha vida saudable, ir á escola ou sentirse seguros. Tamén conta como Save The Children trata de que se respecten. ¿Quieres conocerme? Trátase dunha colección que axuda a entender ás persoas que teñen características diferentes, que son moi sensibles ou que padecen trastornos que poden afectar á súa relación co entorno e coas persoas. A través deles poderán entender mellor por que as persoas que teñen síndrome de Asperger, autismo, hiperactividade, dislexia ou daltonismo, se comportan dun xeito que quizais non entenden moi ben,