Novidades de biblioteca inclusiva Boletín novidades 1º trimestre | Page 7

Libros informativos La edad del hielo Un libro que nos conta como a Terra se conxelou hai tres milóns de anos. Unha viaxe no tempo que nos permite descubrir a megafauna que habitaba o noso planeta. Guía turística del Sistema Solar Ofrece sete destinos turísticos para quen queira coñecer como é o sistema solar. Lugares con superficies de xeo, outros nos que un día dura máis que un ano, planetas gaseoso, ananos... Unha chea de curiosidades por descubrir. Astronáutica Como se propulsan os cohetes? Que é a gravidade? A través da viaxe de Valentina a Marte descubriremos moitos segredos da ciencia astronáutica. Genética Unha nova viaxe de Valentina, pero neste caso descubriranos por que temos o pelo dunha cor determinada e outras cuestións relacionadas co ADN e a herencia xenética. La vida amorosa de los animales Entenderemos todo o relacionado coa sexualidade animal, os rituais de seducción e o proceso do celo, cpomo se aparean, o embarazo, o parto a crianza e as formas de vida familiar. Genios. Los inventos más asombrosos de todos los tiempos Os máis grandes inventos e os xenios que os fixeron posibles. Dende Leonardo da Vinci que deseñou paracaídas ou unha especie de helicóptero, ata Gutenberg coa súa imprenta.