nadal 13 | Page 48

O día 16-10-2013 os de 5º e 6º fomos á biblioteca. Aí nos esperaba Sara, unha matrona. Explicounos : o parto,as contraccións,as partes do útero,ao que se dedica. Trouxo un aparato de madeira que serve para escoitar o corazón do neno,un medidor do tempo para calcular a data do parto,os gorriños que lle poñen aos recén nacidos e as pinzas para o cordón umbilical. Tamén nos explicou onde pode traballar unha matrona e díxonos ademais que existen matronas home. Fixémoslle moitas preguntas e ela nos respondeu amablemente. Tamén nos puxo un vídeo do parto e nos atendemos moi entusiasmados. Pasámolo moi ben. Ao final deunos un agasallo. 48