nadal 13 | Page 37

E o conto dicía… Era unha velliña que foi á voda da súa neta . Polo camiño atopou un lobo que lle dixo: -Avoíña , avoíña voute papar! -Non me comas lobo que estou moi fraquiña vou a voda da miña neta e cando vola estarei máis gorda! -Pois vai que aqui te espero! E así todo o rato, co oso e co león. A velliña chegou a casa da neta e contoulle o que pasara. A neta díxolle que era tarde e foron durmir. Ao día seguinte celebraron a voda cunha festa rachada. 37