IX CERTAME LITERARIO “ O VERMIÑO”
Título: Consumillas Consume
Autor:
Marcos Vaqueiro Barreiro
Curso:
4º
Había unha vez un extraterrestre que se chamaba Consumillas.Vivía nun planeta chamado Lirón.Tiña un gran
amigo, Crocus, pero marchouse á Terra.
Un día, empezou a mercar todo o que veía: xoguetes, videoxogos, roupa…Sen necesidade e, ademáis, do que se
aburría o deixaba apartado. Entón recibiu unha carta de Crocus. Dicía:
Querido Consumillas: Vou a ir a visitarte. Quedareime dúas horas pero, se queres, podes vir á Terra.
Asinado: Crocus
Cando chegou díxolle a Consumillas:
-Ola! Que tal estás?
-Ben. Pero, canto mercaches! Voute levar á Terra para que aprendas a non mercar todo.
Levouno á Terra, pero non había forma. Entón tivo unha idea. Levouno ao colexio Illas Cíes. Alí os nenos,
fixeron moitos carteis con advertencias. Por exemplo:
``USA A CABEZA PARA MERCAR´´ou``MERCA SÓ O QUE NECESITES".
Entón os nenos axudáronlle, coa axuda de Crocus, a non consumir.
Consumillas dixo:
-Grazas por axudarme!
-De nada!! Responderon os nenos.
E por se acaso quedouse maís tempo. Os nenos estaban moi contentos e Consumillas levounos a Corusant en
agradacemento.
Ao final, Consumillas aprendeu a mercar só o que se necesitaba e foron todos moi amigos.
FIN