Miñocas 2016 Miñocas | Page 3

EDITORIAL Un ano máis chegamos coa nosa revista “MIÑOCAS” nº 12. Continuamos coa edición dixital que podedes ver na nosa páxina web, aínda quetamén imprimiremos algúns exemplares para ter unha en cada biblioteca de aula e irá tamén outra en cada mochila viaxeira. Nestas páxinas quedan recollidos diversos momentos de traballo, creatividade, xogos, saídas, … En definitiva, aquelo que día a día vai facendo que os nenos e nenas medren coma persoas. Este curso todo xirou arredor do proxecto de centro: “Consum-illas, con – vivo +”, que nos fixo reflexionar sobre o importante que é facer un consumo responsable. Con ese proxecto participamos en “Galicóns”. Entre as actividades realizadas destacamos o Mercado Consumillas pola implicación de toda a comunidade educativa e o moito que disfrutamos todos. Aos alumnos e alumnas de 6º, agora que vos graduades como alumnado de primaria, sorte na vosa nova andadura. E a todos e todas, disfrutade destas merecidas vacacións e… volvede coas pilas cargadas! VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!!! EDLG ÍNDICE Editorial…………………………………. E. Infantil………………………………… Aula de inglés…………………………. E. Primaria……………………………… Autor: Manuel María……………… Biblioteca ………………………………. E. Primaria …………………………….. IX certame “O Vermiño” ……….. ANPA “O Cruceiro”………………… Consum-illas ………………………….. Pax 1 Pax 2 Pax 8 Pax 10 Pax 14 Pax 21 Pax 22 Pax 28 Pax 34 Pax 36