Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 81

79 CESTO DE CASTROMAIOR CMP.1.09.E22.31.3 • Procedencia: Castromaior, Portomarín, Lugo • Lugar de depósito: Museo do Castro de Viladonga • Cronología: Castreño, s. ii a. c. • Material: Madera y mimbre • Técnica: Cestería mixta de vergas de madera y varas. • Dimensiones: Variables Este conjunto de madera carbonizada incluye pequeñas varas y tiras de madera laminada de avellano (Corylus avellana) que han sido interpretadas como los res- tos de un cesto tejido en la Edad de Hierro que, debido a la combinación de varas y listones de madera, se consideraría como cestería mixta. Fue recuperado debajo de un derrumbe de piedra y madera carboni- zada en el interior de una de las viviendas del castro. En la misma fosa en la que se encontró este cesto, se recuperaron también fragmentos de una bisagra y varios trozos de recipientes de madera, igualmente preservados por carbonización. El cesto fue confeccionado utilizando varas de avellano de un año de edad cor- tadas durante el período de crecimiento del tronco final (otoño-invierno), mientras que las piezas de madera laminada fueron obtenidas también de ramas de avellano, pero de un calibre mayor. Esta pieza permite documentar la antigüedad de la técnica mixta para la elaboración de ces- tos y las prácticas de silvicultura asociadas a aquellas especies utilizadas en cestería, como el avellano, que necesitan podas periódicas para obtener materias primas adecuadas para el tejido de los cestos. CESTO DE CASTROMAIOR CMP.1.09.E22.31.3 • Procedencia: Castromaior, Portomarín, Lugo • Lugar de depósito: Museo do Castro de Viladonga • Cronoloxía: Castrexo, s. ii a. c. • Material: Madeira e vimbio • Técnica: Cestería mixta de vergas de madeira e varas • Dimensións: Variables Este conxunto de madeira carbonizada inclúe pequenos renovos e tiras de madeira rachada de abeleira (Corylus avellana) que foron interpretados como os restos dun cesto tecido da Idade do Ferro, que pola combinación de varas e rachas se consideraría como cestería mixta. Foi recuperado debaixo dun derrubo de pedra e madeira carbonizada no interior dunha das vivendas do castro. Na mesma fosa na que foi atopado este cesto, recuperáronse tamén fragmentos dun gonzo e varios fragmentos de recipientes de madeira tamén preservados por carbonización. O cesto foi confeccionado utilizando renovos de abeleira dun ano de idade, cortados durante o período de crece- mento do leño final (outono-inverno), mentres que as pezas de madeira rachada foron obtidas tamén de pólas de abeleira pero dun calibre maior. Esta peza permite documentar a antigüidade da técnica mixta para a elaboración de cestos, e as prácticas de silvicultura asociadas a aquelas especies utilizadas en cestería, como a abeleira, que precisan de podas periódicas para obter materias primas adecuadas para o tecido dos cestos.