Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 73

71 [fig. 3] Carros do país co canizo posto. Carros con el canizo puesto. singulares canastros, cabazos ou cabaceiros, hórreos de forma troncocó- nica onde se gardaba o millo. Estaban compostos dunha cámara de varas tecidas colocada sobre unha grade de madeira que se asentaba sobre uns pés de pedra. Na parte inferior da cámara levaban unha pequena abertura pechada cunha táboa e na superior remataban cunha cuberta de palla. O emprego da palla de centeo como elemento de cubrición, que xa aparece documentado na cultura castrexa, foi tamén frecuente na nosa arquitectura popular. Aínda hoxe nos Ancares se conservan pallozas e construcións anexas con estas vistosas cubertas cónicas, nas que o colmo vai atado á armazón de madeira do teito formando ringleiras superpostas desde abaixo cara ao cumio. Coa técnica da cestaría de corres elaborábase o canizo, un apeiro de forma rectangular feito dun tecido de varas grosas, resistentes e pouco flexibles e que se utilizaba para alisar a terra arada. Tamén recibía o nome de canizo, por estar feito do mesmo xeito e material, a estrutura de varas tecidas coa que se levantaban divisións e cerrados nas leiras. Había ademais o canizo dos carros [FIG. 3] , formado por unha ou dúas pezas que se colocaban entre os estadullos, a ambos os lados do chedeiro, coa finali- dade de evitar que caese a carga. Por último, no coidado do gando tamén se usaban pezas feitas coa técnica da cestaría. Nos fociños das vacas e dos bois, para que non comesen cando estaban tirando do arado, colocábase o vetillo ou bozo, unha peza de forma semiesférica que podía estar feita con vergas, con varas ou con ambas as dúas combinadas. As vacas que ían parir ou que acababan de facelo protexíanse da intemperie e da chuvia botándolles por riba do lombo unha esteira ou manta feita de xuncas coa mesma técnica coa que se confeccionaban as corozas. Outra peza relacionada cos ani- mais, era a gaiola, paxareira ou piteira, unha especie de cesta circular de