Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 71

69 A CESTARÍA AGRÍCOLA Os cestos e cestas eran un elemento auxiliar imprescindible nos labores do campo e estaban presentes ao longo de todo o ciclo agrícola, desde o estercado da terra ata a colleita dos diferentes produtos. Na preparación dos campos, para carrexar o esterco desde as cortes ás terras de labor non se usaba un cesto concreto senón que máis ben se botaba man dos cestos máis vellos e que estaban en peor estado. Na sementeira utilizábanse os cestos da semente, xeralmente cunha asa en aro para levalos pendurados do brazo e co tecido moi preto para evitar que se derramase o gran; para este labor eran moi apreciados os cestos de palla, polo seu tecido tupido. A colleita de millo, patacas, herba e produtos da horta e a recolección das árbores froiteiras facíase sempre en cestos, que non tiñan unha forma nin un tamaño específico e que podían estar feitos de calquera material e téc- nica, dependendo da zona. Estes mesmos cestos e cestas servían tamén para levar a vender ás feiras e mercados os excedentes da produción agrí- cola. Nalgunhas comarcas ourensás empregaban o cabaz ou cesto carrá ou carral, feito de vergas con altas paredes e de forma troncocónica, que se colocaba no carro para transportar as patacas, o millo ou a uva. Entre os cestos agrícolas, cabe destacar as cestas de madeira rachada empregadas durante a vendima na comarca do Ribeiro. Nos labores de recolección das uvas, os acios colocábanse nas cestas, as máis pequenas, e despois nos cestos, de tamaño intermedio, para finalmente baleiralos no coleiro e transportalos ata o carro. O coleiro é o cesto máis característico desta comarca, coa súa peculiar silueta, cadrada na metade inferior e en forma de funil na superior, cunha boca moi ancha e redonda. De gran capacidade, os coleiros podían chegar a cargar de 80 a 90 quilos que eran levados por unha soa persoa, soportando o coleiro sobre o lombo. Para axudar a distribuír a carga e para amortecer o seu peso, levábase o fulleiro, un mulido de palla cunha ancha trenza do mesmo material que se colocaba na fronte deixando caer o mulido por detrás da cabeza á altura dos ombreiros, para que o coleiro descanse sobre el. Estes mulidos confec- cionábanse principalmente nos arredores do Carballiño. Outras pezas singulares da nosa cestería, relacionadas co mundo do viño, son as xerras e olas. Estaban feitas cunha armazón de vergas de carballo, castiñeiro ou salgueiro tecidas con tiras de vimbio e impermea- bilizadas no seu interior con pez. Fabricábanse de diferentes tamaños: as máis pequenas eran para conter e servir o viño na taberna ou mesmo na casa; as máis grandes empregábanse nas adegas como medida para o viño, especialmente a de 16 litros que recibía o nome de ola. Coa mesma técnica facíanse tamén funís para transvasar o viño dun recipiente a outro de boca máis estreita. De cestaría era tamén o recubrimento de varas ou de tiras de vimbio que protexía as botellas e garrafóns de vidro nos que se gardaba e transportaba o viño, a augardente e o resto de licores. No mundo rural as técnicas cesteiras non só se empregaban para facer cestos e recipientes; na paisaxe agrícola a cestaría era visible nos