Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 69

67 descoñecidos para o resto da sociedade. Unha transferencia restrinxida dos contidos do oficio a través da aprendizaxe e a iniciación e unha forma de comunicación interna, de relacións interpersoais, que blindaba cara ao exterior os coñecementos especializados do mester e afirmaba os intereses que xunguían os seus membros. (garcía martínez, 16) Salvo o caso dos cesteiros ambulantes de Mondariz, no que non está docu- mentada a participación feminina, os labores de cestaría eran realizadas tanto por mulleres coma por homes, especialmente se falamos da elabo- ración de cestos de corres e de palla. E, mentres que na cestaría de vergas atopamos unha maior presenza masculina, as mulleres eran maioritaria- mente as que confeccionaban sombreiros e corozas. Nas vilas e cidades, a especialización dos oficios era maior, con- verténdose a cestaría nunha artesanía familiar con plena dedicación e cun obradoiro estable onde se elaboraba e vendía a mercadoría. USOS E APLICACIÓNS DA CESTARÍA Resulta complexo facer unha clasificación da cestaría galega: a variedade de técnicas e materiais e a diversidade de formas e tamaños non nos per- miten determinar unha tipoloxía que defina modelos con características comúns. Existe tamén unha enorme diversidade nos nomes que os cestos e cestas reciben: banastra, canastra, carabelo, goxa e goxo, mego, muñico, paxe e paxeta, peselo e pesela son algúns dos máis de 30 nomes, coas súas variantes, que recolle o dicionario da rag. Salvo excepcións, como a patela ou o coleiro, a meirande parte dos nomes non se corresponden con tipos definidos de cestas, nin na forma ou no tamaño nin no material ou a técnica. Ademais, o propio dicionario advirte que a designación en mascu- lino ou feminino depende das zonas e lugares e o que nun sitio se chama cesto noutro pode ser cesta, e viceversa. Tampouco podemos establecer unha distribución xeográfica, pois todas as técnicas conviviron en practicamente todo o territorio galego. Aínda así, atopamos que nalgunhas localidades e comarcas había unha maior presenza dunha técnica por riba das outras: por exemplo, Mondariz e O Valadouro destacaban pola súa cestaría de vergas, mentres que Barbanza e Viveiro o facían pola de varas e O Val do Dubra e Terra de Melide pola cestaría mixta. A forma máis sinxela de clasificar os diferentes tipos de cestas é polo seu uso xenérico: na agricultura, na pesca, no ámbito doméstico e na indumentaria. Con todo, debemos ter en conta que a maioría dos cestos tiñan, ao longo da súa vida útil, diferentes usos e que normalmente non existía un cesto para cada cousa, senón que se usaban para o que se preci- sase en cada momento.