Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 57

55 e ancho do mundo como patrimonio inmaterial da humanidade. Trátase dun acervo incorpóreo; por iso, o que é obxecto de protección non son os resultados do traballo artesanal (as alfombras, os centros florais ou as car- pinterías); o que se protexe é o coñecemento e a habilidade que permite realizar eses obxectos, e ínstase aos gobernos a que poñan os medios adecuados para que non se perdan. Entre as técnicas recoñecidas sinálase cando algunha é realizada por algunha etnia ou algún grupo social. Os bordados son invariablemente realizados por mulleres, de Croacia a América Latina. A lámpada do poder executada con bordados quere lem- brarnos que é responsabilidade de todas as actividades humanas alcanzar unha igualdade real de oportunidades para os que son distintos aos que impoñen as regras. Deixamos aquí o visitante, esperando que poida continuar o paseo pola sala e descubrir in situ as outras catro lámpadas que o acom- pañarán na viaxe da beleza á cultura, da vida á ecoloxía, da memoria á identidade, da obediencia á innovación. 1 Refírome a asuntos de feito, no sentido que lles da Latour, B. (2003), «Why Has Critique Run out of Steam? From Matters of Fact to Matters of Concern», en Critical Inquiry - Special issue on the Future of Critique. Vol. 30, núm. 2, pp. 25-248, Winter 2004. [Harper’s Magazine, abril 2004, pp. 15-20. Republication reprinted in Bill Brown (editor) Things, Chicago: The University of Chicago Press, pp. 151-174]. 2 Simposio unesco/cci, «A Artesanía e o mercado internacional: comercio e codificación adua- neira», (Manila, 1997). 3 rowe, c., slutzky, r. e hoesli, b. (1997). Transparency. Basel: Birkhäuser Verlag. 4 schor, n. (2013). Reading in Detail: Aesthetics and the Feminine. London: Routledge.