Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 55

53 A lámpada que convida a reflexionar sobre estes principios de sinceridade e rastrexabilidade xoga con dous tipos de transparencia; Rowe e Stutzki3 chamáronas «literal» e «fenomenal». Por unha banda, a lámpada emprega redes, bordados, tecidos e fíos para acoutar a contorna expositiva de maneira transparente, literalmente. Por outra, utiliza técnicas de tecido que teñen a súa orixe nas redes de pesca e combina tecidos acabados con fíos das materias primas que as compoñen. O visitante ten que facer o exercicio de relacionar eses elementos nun tempo que non está do todo presente na sala e que, dalgunha forma, excede a vivencia da exposición. O visitante relaciona a orixe da técnica, a orixe do material, as mans que o elaboran e o produto… nun exercicio de transparencia fenomenal, de rela- cionar cousas a través da comprensión cognitiva. As lámpadas convidan a saborear, amodo, estas relacións que constitúen a inesgotable fonte da beleza artesanal. LÁMPADA 3. DO PODER Á EQUIDADE Para Ruskin as obras de arquitectura que nos impresionaron profunda- mente divídense en dúas grandes categorías: unha caracterízase por un preciosismo e unha delicadeza sumos, e a elas volvemos cunha sensación de afectuoso asombro; a outra, por unha maxestosidade severa e, en moi- tos casos, misteriosa, que lembramos con reverencia non diminuída, como a que sentimos ante a presenza e actuación dun gran poder espiritual. Aínda que Ruskin menciona estes dous camiños para procurar un impacto profundo, outórgalle unha superioridade espiritual á segunda vía: a da maxestosidade severa, a sublime. De feito, o nome que lle dá á lámpada non é a lámpada da delicadeza: é a Lámpada do Poder. Tamén a cultura moderna outorga indubidable superioridade a esa vía, optando polas con- sabidas afirmacións sobre se o ornamento é delito, menos é máis, e outros lemas sinxelos que contribuíron a darlle prestixio ao que non era delicado nin preciosista. Desde a década dos oitenta do pasado século hai voces dis- cordantes que pensan de forma distinta. Naomi Shor4 é contundente: o sublime é masculino; o detalle, a vía do preciosismo e da delicadeza é feminina. E a cultura, dominada ferreamente por homes, orquestrou un verdadeiro baleiro á vía feminina: produciuse un desprestixio sistemático do detalle e de todo aquilo que forma parte do cotián. Pensar que a arte debe ser transcendente e menosprezar os temas diarios ou os excesi- vamente concretos, pequenos ou rutineiros é para Schor un dos signos de patriarcado cultural. Reequilibrar esas dúas formas de beleza debe formar parte dunha estratexia para lograr unha equidade que recoñeza a diversidade. A artesanía foi, precisamente, unha contorna de protección, aceptación e gozo da diversidade e é, por isto, un contexto estratéxico para celebrar e promulgar a equidade. Quixemos materializar a lámpada que para Ruskin foi do poder con bordados. A Unesco recoñece algunhas técnicas artesanais ao longo