Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 527

525 • • • • • artística El Progreso. Alí, ademais de vaixelas industriais, producíase un barro ordinario para venda local e comarcal. Estes recipientes adquiren unha gran riqueza decorativa con coada de barro branco, con debuxos esquemáticos, de referencia vexetal, punteados, follas, aspas e raias Gundivós. Gundivós, localidade de Sober en Lugo, coñecida na primeira metade do século xx como terra de cacharreiros. Caracterízase en canto ao oficio por ser indistintamente practicado por homes e mulleres, co uso do torno baixo, máis doado de transportar. O barro extraíase mediante pozos. Os cacharros distínguense por levar borde ou orella, con motivos decorativos de cordóns e liñas incisas. Moitos recipientes levaban as iniciais dos oleiros e oleiras na base. Distínguense claramente os grandes recipientes (ámboas, olas, barreñóns…) e pequenas (pucheiros, cazolas e os característicos xerros). Loñoá das Olas. Aldea situada no Val do Loña, no curso do Miño está esta localidade na que o seu topónimo marca a súa dedicación. Terra campesiña rica en barro, tivo que recorrer a esta actividade para soportar a difícil situación económica dos seus habitantes. O barro extraíase a 8 ou 9 metros. Nace como unha olería sen adornos, moi austera e básica. Pouco a pouco introdúcense cordóns ou incisións. Grandes cántaras ou olas de medida ou billón, son características de Loñoá das Olas. A venda dos cacharros era levada a cabo polas mulleres, as denominadas regateiras. Mondoñedo. Esta olería está actualmente desapa- recida. Os artesáns do barro agrupábanse en varios barrios da localidade. Distínguense dous tipos de barro, o mouro ou escuro e o branco. É caracterís- tica unha decoración bicromática concéntrica con pintura branca, tamén o uso do vidrado, ás veces por motivos económicos, non en toda a superficie. Son características pezas como os potes e potas para o caldo, cacheleiros, pucheiras do pingo ou nateiras. Nateira. Recipiente con tapa para a nata do leite. Utilizábase para bater o leite e separar a manteiga do soro. Niñodaguía. Olería de gran tradición nesta locali- dade de Xunqueira de Espadañedo. A extracción do barro facíase nun terreo comunal, con pozos de acceso en chanzos. Caracterízase por un barro de color medio. O vidrado practícase desde moi antigo e que é habitual que cubra o terzo superior das vasillas. Nos recipientes antigos a decoración máis característica son as liñas incisas e os tipos de borde ou orella. Recóllense nesta zona recipientes con denominacións como almufía ou alcuza, froito do contacto árabe. • Ola de medida. Olas principalmente utilizadas para o viño. A ola é unha unidade da medida do viño en varias zonas oleiras, de forma esferoidal. Por exemplo ola primeira de Loñoá corresponde ás pri- meiras olas, ás máis grandes, con capacidade entre 11 e 18 litros. Cada comarca ou zona oleira marca a cantidade que pode levar a súa ola de medida, normalmente 16 ou 18 litros de máximo. • Porcelana. Material e ou técnica cerámica, artesa- nal ou industrial, que ten como principal compo- ñente o caolín, que se extrae do mineral caolita. • Portomourisco. Nos montes do Bolo atópase esta pequena localidade ourensá. Actividade practi- cada por mulleres nunha alta porcentaxe, tamén se caracteriza por usar o torno baixo. Destaca por grandes pezas como cántaros de medida, especial- mente para o viño, para o transporte e outros usos. As decoracións adoitaban usar cordóns, tamén para reforzo. • Pota, pota do caldo, pota almorceira. Variedades de recipiente, normalmente con tapa, para quentar e transportar a comida. Habitual era levarlles a comida aos xornaleiros ou traballadores do campo. • Penzoneira. Curiosos recipientes que son denomi- nados sacaleites. • Pucheira. As pucheiras son recipientes ovoides, con ou sen asa, que nalgunhas aldeas oleiras se clasifi- can en medidas, pucheira de cinco, de capacidade entre 6 e 7 litros; pucheira de seis, entre 4 e 5 litros; e pucheira de sete, entre 2 e 3 litros. Utilizábanse para gardar o pingo ou a graxa do porco, tamén para cociñar, para transportar a auga, ou levarlles o caldo aos traballadores. • Pucheiro. De menor capacidade que a pucheira, normalmente se utilizan para gardar líquidos. Destaca o pucheiro de vinagre de Portomourisco. • Rubiana. Situada na comarca de Valdeorras, na ruta dos arrieiros do Bierzo. Recipientes de escasa deco- ración, liñas incisas, ondulacións ou punteados. • Samos. Nomeados como vilas da louza, destaca a existencia dalgunha muller oleira traballando no torno alto. Nútrense dos tipos de Gundivós e Terra Chá, cun tipo de barro medio, máis amarelado. De xeito as grandes ámboas con semellanzas de Gundivós ou Portomourisco tanto na forma de elaboración como nos cordóns concéntricos deco- rativos. Recipientes que atopaban a súa venda nas feiras da comarca. • Santomé. Entre a Baixa Limia e o Val de Arnoia. Destaca en Santomé a presenza de mulleres oleiras, cun torno similar a Portomourisco. As olas, xerros, pucheiras apenas profesan motivos decorativos e predomina a cor negra. • Testo da bica. Eran utilizados para facer a bica ou a torta de millo. Especie de forno característico de Loñoá das Olas.